Solucións sinxelas e controladas

Software que resolve problemas, sen complicar o teu negocio.

En Debullar a solución está sempre por riba da tecnoloxía. Deseñamos ferramentas prácticas, áxiles e intuitivas para que xestiones a túa operativa con total control.

🤝 Confían en nós
As Nosas Solucións

Ferramentas deseñadas para o teu día a día

Software intuitivo que o teu equipo aprende a utilizar en cuestión de minutos.

Sector Hoteleiro

Debullar Hospitality

Organiza a limpeza de cuartos, minibar e mantemento con sinxeleza, e ofrece aos teus hóspedes portais interactivos cos servizos do hotel.

  • Control en tempo real de pisos e limpeza
  • Cartas interactivas con servizos e reservas
Normativa Laboral

Control Horario

Cumpre a normativa legal sen complicacións. Os teus empregados fichan en segundos dende o móbil ou tableta, con informes automáticos listos para inspeccións.

  • Fichaxe por PIN, QR ou xeolocalización
  • Informes exportables a PDF / Excel oficiais
Hostalaría e Restauración

O Noso Menú

Carta dixital interactiva e comandeiros táctiles para bares e restaurantes. Cambia prezos, pratos do día e alérxenos ao instante sen reimprimir nada.

  • Xestión dinámica de alérxenos e fotos
  • Comandeiro rápido para sala e terraza
Clubs e Asociacións

O Noso Socio

Control integral de socios, emisión de recibos bancarios SEPA, carnés dixitais e control de acceso para clubs deportivos e entidades sociais.

  • Xeración de remesas SEPA nun clic
  • Carné virtual no smartphone do socio
Desenvolvemento á Medida

O teu negocio precisa unha solución específica?

Se ningunha ferramenta estándar se adapta a como traballas, creamos unha á túa medida. Deseñamos a base de datos, os paneis e a aplicación exactamente como a precisas, sen funcións innecesarias.

Cóntanos o teu proxecto
✓ Analizamos a túa operativa man a man
✓ Software rápido, sinxelo e sen leas
✓ Trato directo, soporte e mantemento
✓ Integración cos teus sistemas actuais
🏆 Orgullosos patrocinadores

Falamos do teu proxecto?

Sen compromiso. Chámanos ou escríbenos e mostrámosche como podemos axudarche a optimizar o teu negocio.

Contactar agora Chamar ao 621 373 632