Información sobre o tratamento de datos persoais conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e á Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD).
Este sitio web ten carácter meramente informativo e non dispón de formularios web de recollida de datos persoais nin utiliza cookies de seguimento, análise ou publicidade. A navegación pola web non require o envío nin o rexistro de datos persoais.
No caso de que decidas contactar voluntariamente con Debullar SLP a través das canles directas facilitadas na web (correo electrónico a info@debullar.es, chamada telefónica ou WhatsApp), os datos que nos facilites serán tratados exclusivamente coa finalidade de atender a túa consulta, elaborar orzamentos ou xestionar a relación comercial solicitada.
A base xurídica que lexitima este tratamento é o teu consentimento ao iniciar o contacto e, no seu caso, a aplicación de medidas precontractuais ou a execución dun contrato (artigos 6.1.a e 6.1.b do RXPD).
Os datos persoais proporcionados a través de comunicacións directas conservaranse unicamente durante o tempo necesario para atender a túa solicitude ou mentres se manteña a relación profesional ou comercial, e posteriormente durante os prazos legalmente esixibles para atender posibles responsabilidades.
Non se cederán datos persoais a terceiros, salvo obriga legal ou cando sexa estritamente necesario para a prestación dun servizo contratado. Ten en conta que, se escolles comunicarte mediante WhatsApp ou redes sociais externas, o uso de ditas plataformas réxese tamén polas súas propias políticas de privacidade.
Podes exercer en calquera momento os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos teus datos enviando unha solicitude por correo electrónico a info@debullar.es ou por escrito a Avenida de Santiago 6 2ºE, 15830 Negreira (A Coruña).
Así mesmo, se consideras que o tratamento dos teus datos non se axusta á normativa vixente, tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).